INFORMACIÓN FACULTADE

HISTORIA

Evolución dos estudos de Relacións Laborais e Graduado Social.

 

O noso país pode considerarse pioneiro no estudo e a ensinanza universitaria das Relacións Laborais. As Escolas de Relacións Laborais, na súa orixe denominadas Escolas Sociais, nacen a partires da Escola Social de Madrid, creada polo Real Decreto do 17 de agosto de 1925, co propósito de dotar ós traballadores dos coñecementos fundamentais do Dereito que rexe as súas relacións laborais e, ao mesmo tempo, interesar e sensibilizar ós intelectuais cos problemas das clases traballadoras.

 

A partires de aquel momento fundacional, estos estudos sufriron numerosas transformacións nos seus máis de oitenta anos de existencia. Diversos plans de estudos foron trazando a súa evolución, ao longo da cal obsérvase, como denominador común, o desexo de adaptarse ás novas cir¬cunstancias que iban acontecendo no mundo do traballo. Así, o plan de 1930 (R.D. Lei 1 de maio) deu uniformidade a todos os estudos das Escolas Sociais; o de 1941 (Orde de 29 de decembro), ampliaba os destinatarios de estes estudos aos mandos do sindicato e aos produ¬tores integrados nos mesmos; o de 1967 (Orde de 7 de abril) veu a combinar a línea xurídico - laboral e a económica, vinculándoa ó campo da organización da empresa e a dirección de per¬soal; o de 1980 (R.D. 3 de maio e plan de estudos en Orde de 28 de setembro do mesmo ano), supuxo a implantación dos estudos de Graduado Social, co carácter de ensinanza especia¬lizada e como título universitario.

 

O cambio máis importante sitúase a partires do RD 1429/1990 de 26 de outubro, que estableceu tan¬to o título oficial de Diplomado en Relacións Laborais –dirixido a substituir o espazo ocupado ata entón polo título de Graduado Social Diplomado–, coma as directrices xerais propias ás que debían suxeitarse os plans de estudos conducintes á obtención de dito título.

 

Nesta reforma, dirixida ó coñecemento interdisciplinar e integral do mundo do traballo, modi¬ficáronse de forma significativa os contidos docentes, e ampliouse o perfil profesional destes estu¬dos fixándose como obxectivo formativo o “proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas técnicas da organización do traballo e da xestión de persoal; así como da ordenación xurídica do traballo e da Seguridade Social”. Obxectivo amplo, que abría un abanico de saídas profesionais a estes Diplomados no mundo da empresa, no exercicio libre da pro¬fesión e nas Administracións Públicas.

 

Nembargantes, a necesidade de dar un contido formativo axeitado a aqueles novos perfís e os cambios substantivos que se foron producindo no mundo do traballo nas dúas últimas déca¬das, situaron a estes estudos ante unha nova necesidade derivada das limitacións obxectivas que a Diplomatura presentaba para atender na súa complexidade, as novas demandas sociais neste ámbito de actuación profesional.

 

Esta nova realidade, asumida pola totalidade dos centros que impartían a Diplomatura de Rela¬cións Laborais, levou a inicia-la elaboración dunha proposta de licenciatura mediante un segun¬do ciclo. O RD 1592/1999 de 15 de outubro estableceu o título oficial de Licenciado en Ciencias do Traballo e as directrices do mesmo, fixando como obxectivo formativo do propio título, o de procurar unha formación axeitada de carácter interdisciplinar no campo do traballo humano na súa doble vertente organizativa e relacional.

 

Por último, coa nova ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, aparecen os Títulos de Grao, adaptados ó EEES. A denominación xeneralizada, acordada pola Asociación Estatal de Escolas Universitarias de Relacións Laborais e Facultades de Ciencias do Traballo é a de Graduado/a en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

 

O Centro de Ferrol.


No ano 1971 inicia as súas actividades en Ferrol, o Centro de Estudos Sociais, baixo os auspicios do Concello de Ferrol e tendo as súas instalacións nas aulas da sede sindical existente. No curso académico 1972-73, traslada as súas instalacións ao Colexio Mixto de EXB “Ibáñez Martín”, aulas que ocupa ata o curso 1977-78 que se traslada ao IEM “Concepción Arenal”, debido ás mellores condicións que ofrece este instituto e á consolidación deste tipo de estudos, que implica un incremento notable de alumnos matriculados.

 

Pola Resolución ministerial do 21 de setembro de 1982 é recoñecido como Seminario de Estudos Sociais dependente da Escola Social de Santiago de Compostela.

 

A raíz da publicación do Real decreto 921/1980 do 3 de maio (BOE 119/1980/05.17), polo que se regula a ordenación dos ensinos de Graduado Social e dos centros que as imparten, os seminarios de Estudos Sociais, que reúnan os requisitos legais necesarios, deberán solicitar a súa transformación en centros non estatais de ensinos especializados de Graduado Social, de acordo coas condicións fixadas neste real decreto (artigo 7.2). Pola Orde ministerial 21-09-82 (BOE 10-11-1982) concédese esta cualificación ao Seminario de Estudos Sociais de Ferrol, adscribíndose para os efectos de matrícula e de avaliación final dos seus alumnos á Escola Social de Santiago de Compostela, tendo estes o carácter de alumnos oficiais da devandita escola.

 

O citado Real decreto 921/1980 estableceu a equivalencia do título de Graduado Social co de diplomado universitario. Por outra banda, a Lei de reforma universitaria determina, no seu artigo 1.º, que todo o conxunto do ensino superior corresponde á Universidade.

 

Esta nova situación xurídica é a que condiciona a publicación do Real decreto 1524/1986, do 13 de xuño, que incorpora os ensinos de Graduado Social á Universidade.

 

Neste último real decreto fíxase un prazo de tres anos para que os Seminarios de Estudos Sociais se transformen en Escolas Universitarias adscritas (disposición transitoria terceira, 1). Con todo, en ausencia de novas disposicións que desenvolvan o citado real decreto, aínda que previstas na súa disposición final primeira, e debido a que os alumnos deste seminario tiñan legalmente recoñecido o carácter de alumnos oficiais da Escola Social de Santiago de Compostela, ao se integraren na Universidade con anterioridade ao 1 de outubro de 1987, o Seminario de Estudos Sociais de Ferrol, ha de transformarse en escola universitaria adscrita antes do inicio do seguinte curso.

 

O Padroado do Seminario de Estudos Sociais de Ferrol, tendo coñecemento do proxecto do real decreto de integración na Universidade dos estudos de Graduado Social, en sesión plenaria que tivo lugar o 16 de outubro de 1985, facultou por unanimidade á Dirección do centro para que, despois de se publicar o correspondente real decreto, efectuase ésta os trámites necesarios para a súa conversión en Escola Universitaria adscrita á Universidade de Santiago de Compostela.

 

Este proxecto levouse a efecto a través da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela que culminou, na súa reunión do 18 de novembro de 1987, na aprobación da transformación do Seminario de Estudos Sociais de Ferrol en Escola Universitaria adscrita á Universidade de Santiago de Compostela, un acordo que foi ratificado posteriormente polo Consello Social desa Universidade, sendo finalmente aprobada polo Consello de Universidades na súa sesión do 22 de xuño de 1989.

 

A creación de dúas novas Universidades no ámbito da Comunidade Autónoma, Vigo e A Coruña, cuxos campus desta última se sitúan na Coruña e Ferrol, provoca unha ampla reestruturación no funcionamento da única implantada ata ese momento, a de Santiago de Compostela, que obriga a segregacións de estudos xa existentes e implantación doutros que se crean ex novo .

 

Esta circunstancia é a que leva a transformar un centro con categoría de centro “non estatal de estudos especializados de Graduado Social” nunha escola universitaria integrada na Universidade da Coruña, primeiro como centro adscrito para posteriormente no ano 2000 acadar a súa plena integración na Universidade.

 

Este proceso supuxo unha substancial mellora nas infraestruturas da Escola que tivo a súa culminación co traslado das instalacións ao Campus de Esteiro-Ferrol, pasando a ocupar un pavillón das remodeladas instalacións do antigo Hospital de Mariña da cidade de Ferrol, onde se acha na actualidade.

 

No curso académico 2007/8 implántase o Mestrado Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral, en colaboración coas outras dúas Universidades do SUG. Esto supón o comezo da andaina do centro en titulacións adaptadas ó EEES. No curso 2009/10 comeza a impartirse o Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

 


No curso académico 2011/12 comeza a impartirse o Mestrado Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral ( especialidade en Recursos Humanos ), despóis da súa modificación de 120 a 60 créditos ECTS; e o de nova implantación Mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns ( especialidades en Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada ).

Dende a fundación desta Universidade o Centro ( chamado Facultade de Ciencias do Traballo dende setembro de 2010 ) leva poñendo ó servizo da sociedade, máis de 2000 titulados en Relacións Laborais, e profesionais especializados en Recursos Humanos e Prevención de Riscos.


historia